Florida Panhandle

Mapa que mostra os condados floridanos que poden ser incluídos por referencias na Franxa de Florida.
Unha carta náutica de 1859 do "U.S. Coast Survey" do Estreito de Saint George Sound, a parte costeira do Parque Forestal Estatal de Tate's Hell, ao suroeste de Tallahassee, ao longo da Franxa de Florida.

Florida Panhandle é un nome non oficial para designar a parte noroeste de Florida, unha banda de terra de aproximadamente 320 quilómetros de longo e de 80 a 160 quilómetros de largo que se estende entre Alabama ao norte e oeste, Xeorxia tamén ao norte, e o golfo de México ao sur. A súa fronteira oriental defínese arbitrariamente e pode variar. Os nomes West Florida e Northwest Florida son hoxe por hoxe sinónimos da Franxa, aínda que Florida Occidental foi o nome dunha colonia británica (1763–1783) que logo se converteu nunha colonia española (1783–1821), incluíndose ámbalas dúas hoxe en día nas terras ao oeste do río Apalachicola así como en partes do que hoxe é Alabama, Mississippi e Parroquias de Florida (en Luisiana). O territorio é equivalente a unha rexión vernácula. Como sucede no caso dos outros oito estados dos Estados Unidos que posúen franxas (inglés: panhandle), o significado xeográfico deste termo é inexacto e elástico. As referencias á Franxa de Florida inclúen sempre os dez condados ao oeste do río Apalachicola, unha fronteira natural que foi a división histórica entre as colonias británicas de Florida Occidental e Florida Oriental. Estes condados occidentais tamén atópanse na Zona Horaria Central (coa excepción do Condado de Gulf, que ficou dividido entre as zonas horarias Oriental e Central), mentres o resto do Estado está na Zona Horaria Oriental.

As referencias á Franxa poden incluír tamén algúns ou mesmos todos dos oito contados situados inmediatamente ao leste do Apalachicola, coñecidos como a rexión do Big Bend, ao longo da curva que describe a Baía de Apalache. A maior cidade na Franxa é Tallahassee, a capital do estado, con 188.107 habitantes en 2014. Porén, o maior grupo metropolitano de poboación é a Área Metropolitana de Pensacola, cunha poboación de 474.081 habitantes. A poboación total da Franxa, segundo Censo dos Estados Unidos de 2010, era de 1.407.925 habitantes.


Developed by StudentB